Ciclo de 6 talleres en VIGO


CONTIDOS

Nos primeiros talleres centrarémonos no propio, na identidade, explorando a esencia de cada un/unha. 
Nos dous últimos abordaremos o encontro coa natureza e o contacto co outro, cos demais.

25 outubro 2014
O inconsciente. Técnicas surrealistas e dadaístas.
15 novembro 2014
O concreto e o simbólico. Procesos figurativos e abstractos. Arte Prehistórico.
13 decembro 2014
Tenrura e agresividade. Debuxos da infancia. Caligrafía. Arte Taoísta.
10 xaneiro 2015
O instinto, as emocións e a mente. Modelado. Augada. Mural do corpo. 
7 febreiro 2015
O outro. Esculturas grupais. Retratos de familia. Body art.
7 marzo 2015
O cambio. Storyboard autobiográfico. Teatro de obxectos. Arte Povera e Land art. 

DATOS PRÁCTICOS

Lugar
Xanela. Centro de Psicoterapia Integral. Gran Vía,182. 1º esquerda   V I G O
Horario 
Sábado de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas. 
Prezo 
50 euros por taller. Matrícula 50 euros. 
Materiais artísticos incluídos. 
Prazas 
Grupo reducido de máximo 8 persoas. 
Material 
Roupa cómoda e un caderno para escribir o proceso persoal. 
Inscricións 
(antes do 22 de outubro)
E-mail: penareyalberto@gmail.com      
Teléfono: 605574124 

OBXECTIVOS

Desenvolver a túa creatividade e intuición.
Afondar no propio.
Expresar a túa experiencia interior.
Encarar dificultades do día a día.
Compartir o teu proceso con outras persoas.
Contactar con diferentes ferramentas, técnicas e recursos artísticos e terapéuticos.

DESTINATARIOS

Persoas con interese polo autocoñecemento.
Persoas que busquen integrar o artístico e o terapéutico.
Persoas que queiran entrar en contacto con técnicas e recursos de arteterapia.
Profesorado e estudantes de ensinanzas artísticas. 

METODOLOXÍA

Son talleres prácticos cunha breve introdución teórica en cada monográfico. 
Trabállase a conciencia de forma vivencial, con presenza, atención ao corpo e apoiándonos no grupo. 
Imos usar diferentes recursos terapeúticos: exercicios sinxelos de meditación, visualizacións dirixidas, movemento corporal, música, etc.
En cada taller brindarase un espazo para comentar, quen o desexe, a súa experiencia.
Experimentaremos con diversas linguaxes, técnicas e procesos artísticos: debuxo, pintura, escultura, fotografía, técnicas surrealistas, fotomontaxe, etc.
Inspirándonos en momentos concretos da Historia da Arte.
Non se requiren coñecementos previos ou habilidades especiais.